Mapa do Patrimonio de Padrón

Pesqueiras das Areas

As pesqueiras ou lampreeiras remóntanse á época romana e aínda hoxe se conservan esas antigas artes de pesca. Explotounas o Cabido de Iria até o século XX. Na actualidade pertencen aos veciños do lugar. A concesión para pescar lampreas nas pesqueiras do Ulla ten a súa orixe nun documento datada do século IX que na actualidade está en poder da familia Lago de Herbón, quen no seu día foi interpretado por un frade do Convento dos Franciscanos.

Están formadas por grandes bloques, máis ou menos cuadrangulares, de pedras de moi variados tamaños. As que mellor se conservan cruzan practicamente todo o río, soportando extremas correntes de auga. As súas dimensións varían, mais a media é de 3 metros de alto por 2 de lado e outros 2 de ancho. Están aliñadas en perpendicular ou oblicuas á corrente, cruzando case todo o río, agás unha gran corrente central que se chama “vena” e que queda libre de trampas. Aos ocos que hai entre os bloques, chámanselle “boquetes” ou “pasillos”, e é o lugar onde se arman os aparellos de pesca.

As Pesqueiras das Areas miden uns 118 metros. Teñen as subdenominacións de As Areas (as da metade do río na súa beira norte) con 6 “pescos” e 5 “pasillos” e Traxeito ou tamén As Areas (as da outra metade na beira sur) con 9 “pescos” e 8 “pasillos”.

A explotación desta construción pertence a 5 propietarios e está repartida por grupos de muros denominados Cabildo, Cuarteles, Xanza, Mitra e Cortiñas. Estes “pescos” foron adquiridos por separado. O nome dos “pasillos” ou “boquetes” son: Mardel, Segundo, Novo, Derrubado, Larchán, Amereiro, As Maimoas, O Pexego, A Agulla, Pexego, A Cancela, O Láparo, O Chingado, O Badal, O Pesqueiro e O Cajón.

O sistema de levantado de copos das Pesqueiras das Areas é moi vistoso, posto que os propietarios utilizan unha barca chamada Ana María, que se constrúe de novo cada 6 ou 7 anos. Utilízase esta barca para aproximarse aos “pescos”, loitando contra a corrente para poder acceder a cada un deles.

Latitude/Lonxitude: 42.730270252, -8.641620929

Imaxe: Latexos de Turismo

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

pesqueirasdasareas

pesqueirasdasareas2

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s