Mapa do Patrimonio de Dodro

Escola da Emigración de Tallós

Edificio situado nunha parcela elevada con respecto á rúa, o que se solucionou coa construción dunha plataforma elevada. Todo o recinto está pechado por un muro de cantaría que o rodea. O acceso principal é unha escalinata de pedra que lle dá unha certa monumentalidade ao conxunto.

Trátase dun edificio dun só andar, de forma rectangular, e construído en cachotaría regular. Ten cuberta de tella a dúas augas que xera un baixocuberta. Nas fachadas apenas conta con motivos ornamentais, agás a cantaría nos remarques dos vans, nos esquinais e no baseamento. Unha cornixa con molduras percorre todo o edificio.

Enriba da porta principal hai unha placa na que se pode ler o nome da sociedade promotora “Sociedad de Agricultores DE LAS TRES PARROQUIAS DE DODRO”.

A escola tiña inicialmente dúas aulas separadas por un vestíbulo. No baixocuberta estaba a vivenda do mestre/a. Sabemos que a intención da sociedade promotora era que o edificio funcionase tamén como sede do sindicato agrario da parroquia, mais non sabemos onde estaba situada.

Detrás da escola hai unha estrutura independente feita en 1921, con muros de pedra, tellado a dúas augas e dous accesos independentes, que eran os aseos para os alumnos e alumnas.

O centro escolar funcionou como tal até mediados dos anos 70 do século pasado. De feito, na fachada principal, hai outra placa en que se pode ler “A D. Francisco Méndez Seoane, maestro de esta escuela desde el año 1931 al 1974. Sus ex alumnos de Buenos Aires. Agosto de 1992”.

Latitude/Lonxitude: 42.715769614, -8.702861634

Referencias: Consello da Cultura Galega

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

escoladaemigraciondetallos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s