Mapa do Patrimonio de Pontecesures

Caleras del Ulla

Estas caleiras foran estabelecidas en 1923 por Ramón Diéguez Carlés, baixo a razón social Caleras del Ulla. Diéguez, dunha familia de pequenos comerciantes, estudiara química e farmacia en Santiago de Compostela, e comezara a traballar en Madrid, no laboratorio dun dos mais importantes farmacéuticos do país, o licenciado santiagués José Casares Gil, precursor do desenvolvemento da química en España.

O 6 de febreiro de 1923, na solicitude da licenza de construción da fábrica, indicábase que o promotor tiña proxectado “construir dos hornos, uno de cocción de baldosa y artículos análogos y otro para calcinación de cuarzo pedernal y carbonato cálcico”. A caleira vai ser así o embrión da futura “Cerámica Celta”.

A materia prima era, posiblemente, de procedencia asturiana e chegaba en naves que descargaban inicialmente no peirao de Cesures, ata que máis adiante se construiu un mais preto da fábrica.

O cal producido utilizábase na construción e para o abono dos campos. Vendíase pola comarca e tamén chegaba ás cidades de Vigo e A Coruña.

As instalacións que configuraran o conxunto da industria de fabricación de cal, acaroadas á que fora Cerámica Celta, localízanse na aba setentrional do Monte do Porto, na ribeira esquerda do río Ulla, tras o seu paso pola vila.

Os fornos, un previsto para a calcinación da pedra calcaria e do seixo pedernal, e para a cocción de baldosas e artigos similares o outro (aínda que os dous limitaríanse á cocción da calcaria), son unhas construcións tronco piramidais executadas con pedra do país labrada en cachotes. O interior dos fornos, coa labra das pedras máis coidada que no exterior, ten unha sección aproximadamente circular, a xeito de cheminea, cunha capacidade de 50 a 60 metros cúbicos.

As instalacións complétanse con dous galpóns de planta baixa, de 30 metros de longo por 10 metros de ancho.

Malia que nos comezos da industria a materia prima vai descargarse no Porto de Cesures, o propietario da caleira construiría un pequeno peirao de pedra a carón do forno, que permitiría desembarcar con comodidade as pedras calcarias e os materiais combustibles precisos para o desenvolvemento do proceso de calcinación. Ademais da venda local a pé do forno, a cal producida tamén sairía polo peirao cara aos destinos máis distantes.

Cesou a súa actividade na década de 1940. Na actualidade atópase en absoluto abandono, feito este que levará á perda definitiva dun dos elementos do patrimonio industrial máis salientables de Pontecesures.

Latitude/Lonxitude: 42.718596334, -8.660687865

Referencias: Buxa (Asociación Galega do Patrimonio Industrial)

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

calerasdelulla

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s