Carreiras é un dos lugares máis antigos do municipio. Nun outeiro e no centro dun cruzamento de vellos camiños levántase o cruceiro, que, segundo se desprende dunha das innumerables inscricións esculpidas nel, data de 1747, aínda que podería ser algo anterior. Na construción deste cruceiro investíronse 80 días.
A columna do cruceiro mide aproximadamente 4,50 metros. Até os anos 70 do século XX tiña tamén dúas pequenas cruces a ambos lados do cruceiro principal, de leste a oeste, das que soamente queda a principal. O retablo propiamente dito ten ao poñente a imaxe do Redentor, coa representación da Paixón e a figura de San Antón á súa esquerda. Polo nacente atópase a Raíña dos Anxos, que é a patroa do lugar. A festa na súa honra celébrase o 9 de xaneiro. Nunha das catro escalinatas de estilóbata figura un nome, posiblemente do patrocinador ou construtor do cruceiro. A columna está chea de sinais e frases máis ou menos lexibles, como “S conced 80 días de yn”, para cantos rezasen unha Salva ante o cruceiro. Do capitel, curiosamente traballado con figuras, anxos e símbolos, colgaba antigamente un farol que atendía á veciñanza.
O cruceiro foi pintado e retocado no 1867, posto que daquela frecuente o policromado desta clase de monumentos, “a deboción de Clemente Jamardo”, veciño do lugar.
Latitude/Lonxitude: 42.717673777, -8.647995260
Referencias: Cruceiros de Galicia
Imaxe: turismoriasbaixas.com
+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla