Mapa do Patrimonio de Catoira

Muíño de marea do Cura

A finais do século XIX, José Vázquez Rodríguez recibiu en herdanza o muíño. Nas escrituras correspondentes ás propiedades desta familia en Catoira, atópase unha alusión a que o 1 de xaneiro de 1886 xa estaba rexistrada a finca na que se sitúa o muíño, mais non fan mención a este.

Xa na segunda metade do século XIX, aínda non se coñece a data exacta da súa construción, aínda que se sabe que xa existía cando a liña do ferrocarril Cornes-Carril, atravesou a presa do muíño, en 1873.

Ten unhas características especiais, xa que se trata dun muíño que combina o aproveitamento da marea e do río, segundo as oscilacións da marea. O muro da presa, en si mesma, ten unhas dimensións reducidas, aínda que continúa máis aló a través do propio edificio, que fai tamén de muro da mesma.

Trátase dunha edificación de planta rectangular irregular de tres alturas, construída con perpiaños nos andares primeiro e segundo, e combinado con cachote no andar baixo e no espazo destinado a moer. Ten dúas portas de acceso desde o exterior (correspóndese coa parte do interior da presa) e unha terceira na fachada sueste. As fiestras están realizadas con pezas de cantaría e a cuberta a dúas augas era de tella, mais hoxe en día non quedan restos desta última. O andar baixo está dividido en dúas partes: na primeira ten dúas entradas de auga para mover dous rodicios; na segunda ten unha canle diferente realizada en cantaría, non empregada nos muíños de mareas, que vai do interior da presa ao exterior sen ningún estreitamento e practicamente non existe información sobre a función desta canle. Nela estivo instalado un rodicio que podería ser para un posible muíño que traballaba ao encher a marea, ou que fose un aliviadoiro da auga da presa, e que despois se aproveitase para instalar un muíño nela.

O primeiro andar tamén ten dúas zonas non comunicadas interiormente, unha dedicada á moenda, onde os muíños estaban nun piso a nivel superior que o resto; a outra dedicada probablemente a vivenda, estaría o posible muíño que se corresponde coa comentada canle. Houbo u segundo andar na zona da vivenda, da que só se conservan indicios nas paredes exteriores, enriba desta había un faiado.

Na actualidade atópase nun estado de deterioro avanzado polo paso do tempo, pero está proxectada a recuperación do muíño coa ampliación do paseo fluvial do río Ulla.

Latitude/Lonxitude: 42.667518699, -8.728345959

Referencias: Buxa (Asociación Galega do Patrimonio Industrial)

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

muinodemareadocura

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s