Mapa do Patrimonio de Dodro

Pazo da Hermida

Construción do século XVII, formada a base da reconstrución dunhas torres medievais defensivas que vixiaban a ría de Arousa, e a anexión dun corredor entre elas. Ten estrutura de planta en L, composta por un corpo central de dúas alturas, flanqueado inicialmente por unha torre, a da á sur, que posteriormente se completou coa da á norte.

É precisamente nesta última onde se atopa o escudo brasonado dos Bolaño. Na parte posterior atópase cunha media lúa propio da familia dos Luaces. Os muros son de cadeirado irregular, cos marcos de portas e xanelas de cantaría, aloxando carpintaría de madeira. Destaca na súa fachada leste unha balconada que percorre todo o ancho da edificación, con soporte de pedra e enreixado metálico. Cuberta a catro augas en ambas torres, e dúas no resto, con rematado de tella curva sobre armazón de madeira.

Neste pazo residiron Rosalía de Castro e Manuel Murguía, tendo neles aos seus fillos Gala e Ovidio. Este último chegaría a ser un pintor destacado. Tamén o 26 de marzo de 1930 asinouse nel o Pacto de Lestrobe, para unir ás distintas forzas galeguistas e republicanas para crear a Federación Republicana Galega, que finalmente rematou coa proclamación dun réxime republicano e a consecución dun estatuto de autonomía para Galicia.

Latitude/Lonxitude: 42.732739997, -8.671293625

Referencias: Patrimonio Galego

Imaxe: Lmbuga

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

pazodahermida

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s