Mapa do Patrimonio de Pontecesures

Caleras del Ulla

Estas caleiras foran estabelecidas en 1923 por Ramón Diéguez Carlés, baixo a razón social Caleras del Ulla. Diéguez, dunha familia de pequenos comerciantes, estudiara química e farmacia en Santiago de Compostela, e comezara a traballar en Madrid, no laboratorio dun dos mais importantes farmacéuticos do país, o licenciado santiagués José Casares Gil, precursor do desenvolvemento… Seguir lendo Caleras del Ulla

Mapa do Patrimonio de Padrón

Lámparas Iria

A industria padronesa de lámpadas eléctricas comezaría a súa produción en 1929 (Seijas Llerena, 2011) e consonte Freire Esparís (2007) no momento da posta en funcionamento Iria, S.A. contaba cunha fábrica de gas e outra de bombillas que complementábase coa fábrica de casquetes para lámpadas eléctricas da que figuraba como propietario e director técnico Estanislao… Seguir lendo Lámparas Iria

Mapa do Patrimonio de Dodro

Eira da Lavandeira de Imo

Conxunto de 11 hórreos orientados segundo o eixo norte-sur, variando en número de vans e tipo de soporte. O conxunto compleméntase cunha grande praza onde se realizan as festas patronais, así como un lavadoiro, no extremo noroeste. Os hórreos son de diferentes épocas, mais xorden no 1754 xunto coa construción da igrexa parroquial, debido ao… Seguir lendo Eira da Lavandeira de Imo

Mapa do Patrimonio de Pontecesures

Cruceiro de Carreiras

Carreiras é un dos lugares máis antigos do municipio. Nun outeiro e no centro dun cruzamento de vellos camiños levántase o cruceiro, que, segundo se desprende dunha das innumerables inscricións esculpidas nel, data de 1747, aínda que podería ser algo anterior. Na construción deste cruceiro investíronse 80 días. A columna do cruceiro mide aproximadamente 4,50… Seguir lendo Cruceiro de Carreiras