Mapa do Patrimonio de Valga

Mercado dos Mouros

Asentamento romano ribeirán no río Ulla. O lugar ocupa uns 11.500 metros cadrados, ten forma ovalada e está sobreelevado do terreo circundante, que hoxe en día é un terreo intermareal. Nas primeiras escavacións levadas a cabo polo arqueólogo David Fernández Abella, consistentes nunha simple investigación superficial, apareceron fragmentos de cerámica e tellas de época romana… Seguir lendo Mercado dos Mouros