Mapa do Patrimonio de Padrón

Castro Valente

É unha fortaleza de época romana e medieval de excepcionais dimensións. Ten unha superficie aproximada duns 100.058 metros cadrados (10 hectáreas), cunha lonxitude total da muralla que rolda os 1.250 metros. Consta dun único recinto delimitado por unha muralla na que alternan grandes bloques de granito con mampostería seca de mediano tamaño. Alberga no seu interior outeiros rochosos con rebaixes para asentar algún tipo de edificación. O xacemento, polo seu emprazamento fisiográfico, domina visualmente unha ampla panorámica, o que lle permite controlar tanto o curso do río Ulla e a súa foz na ría de Arousa, como a confluencia co Sar e o val deste. Do mesmo xeito controla os accesos terrestres e fluviais á Estrada.

No extremo sur do Castro Valente, na muralla, brota a Fonte de San Xoán, corada por unha inscrición: “1705”. A auga cae nunha gran pía. Segundo tradición oral, un veciño da parroquia colleuna e colocouna no corral da súa casa, para darlle de comer aos porcos. De alí a uns días morréronlle todos. Non tivo máis présa que devolverlle a pía á fonte do santo.

Latitude/Lonxitude: 42.730716675, -8.606329083

Referencias: Patrimonio Galego

Imaxe: Elixio Vieites

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

castrovalente

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s