Mapa do Patrimonio de Padrón

Castelo da Rocha Branca

As diferentes denominacións deste xacemento describen o lugar onde estivera o Castelo da Rocha Branca. Tratábase dunha fortaleza artellada en torno a un recinto circular, delimitado por unha muralla pétrea e circundada por un foxo. Ao norte deste recinto existen outras estruturas, posiblemente habitacionais, aínda que a súa configuración orixinal está parcialmente alterada. Tamén se conserva a plataforma de asentamento e a zona de acceso, ademais de cantarías espalladas e algún perpiaños soterrados, partes dos muros de contención e o propio terreo.

O Castelo da Rocha Branca foi destruído durante a II Guerra Irmandiña, así como outras fortalezas, arredor dos primeiros anos do derradeiro cuarto do século XV, sendo rei de Galicia, León e Castela, Henrique IV de Trastámara, coñecido como O Impotente. No século XV, Padrón padeceu os avatares da Revolta Irmandiña, loita entre o arcebispado e os cabaleiros, constituíndose na vila unha Irmandade no 1467, que levou á destrución do Castelo da Rocha Branca e da Torre Moucha, atalaia defensiva acaroada á Igrexa de Santiago de Padrón.

A fortaleza fora residencia do Arcebispo de Santiago don Lope de Mendoza, entre 1400 e 1445, quen encargou restaurala e decorar profusamente a súa vivenda para destacar o seu rango social. Entre os elementos que chegaron até a actualidade foron anacos de azulexos, traídos desde Manises, e de pavimentos e zócalos da vivenda do arcebispo. Ademais foi residencia do tamén Arcebispo de Santiago Rodrigo de Luna, entre os anos 1451 e 1460, na que morrería en circunstancias nunca explicadas, aínda que supostamente envelenado.

No Preito Tabera-Fonseca aparece mencionada coma unha das fortalezas totalmente derrocadas, xunto coas da Rocha, as Torres do Oeste, a fortaleza de Melide e outros pazos arcebispais de Santiago. O preito comezara en 1525 e fora unha arbitraxe que tivo lugar entre o Arcebispo Alonso III de Fonseca e o seu sucesor no cargo Juan Tabera, como indemnización polos danos sufridos nos castelos e casas pertencentes á mitra compostelá durante os gobernos de Alonso II de Fonseca, a causa das loitas cos seus inimigos señoriais nas revoltas irmandiñas. Tabera preiteaba contra ambos os dous Fonseca por non arranxar ditas fortalezas, coma si fixeran outros señores da nobreza.

Na pregunta 15ª do interrogatorio presentado polo Procurador do Arcebispo de Santiago, pódese ler: ”Si saven que la dicha Rocha Blanca de par de la villa de Padrón antes y al tienpo quel dicho señor Patriarca ubo el dicho arçobispado de Santiago e despues mucho tiempo estubo llebantada en pie y era casa fuerte y de plazer y la mas hermosa e deleitosa que abia en todo el Reino e que tal bino a su poder y la tubo mucho tiempo e que abía en ella una bara de casa muy alta e muy fremosa con sus sobrados y rico aposiento, tellada, almenada y engalanada con sus casas y barbacanas alderredor y muchas torres, cubos y baluartes y garatas en la çerca todas almenadas y enguirnaladas y labradas de piedra de grano y con sus puertas y conpuertas y ponte lebadizas y dentro y de fuera de la dicha casa abía muchos hedifiçios y aposiento y serbiçio altos y baxos, ricos y fermosos dorados y pintados y ladrillados todo el suelo de azulejos y con sus huertos, naranjales, bosque, fuentes y estanques y otras cosa para deleite y fortaleza y muniçión de la dicha casa e si saben que la dicha casa hera muy importante al estado de la dicha Sancta Iglesia para defender sus basallos de los henemigos de la iglesia que biben en la dicha comarca usurpadores de los vienes della para asegurar los caminos deredor de la dicha Rocha fuerte y para efetos. Digan e declaren lo que cerca dello saben a que hedifiçios e muniçión y cosas solia aber en la dicha casa y si saven e creenque no se tornarían hazer otra talpor diez quentos demarabedis”.

Na maior parte do xacemento non se aprecian máis que alteracións. Polo seu extremo norte está parcialmente afectado por un desmonte, quedando á vista diversas estruturas arqueolóxicas.

Latitude/Lonxitude: 42.744896059, -8.650996599

Referencias: Patrimonio Galego

Imaxe: Elixio Vieites

+Info: Patrimonio e paisaxe(s) do Baixo Ulla

castelodarochabranca

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s