Mapa do Patrimonio de Valga

Ermida da Virxe da Saúde

Erguida sobre un antigo castro, trátase dunha ermida de planta rectangular e nave única. Muros de cachotaría reforzada con perpiaño rematados en pináculos nos puntos débiles, como son esquinas e zócalos. Fachada con portada de arco apuntado, óculo trebolado, espadana central de dobre van e pilastras laterais que enmarcan a fachada. No seu interior pódese… Seguir lendo Ermida da Virxe da Saúde

Memoria histórica

Encontro con Francisco Martínez López “Quico”

Francisco Martínez López "Quico" é unha lenda. Nacido no 1925 en Ponferrada, formou parte de moi novo da mítica guerrilla de Manuel Girón, que levantou en Galicia o estandarte da loita conra o franquismo tras a guerra. Lugar: Teleclube de Cordeiro Data: Luns 25 de xuño Hora: 20:00 horas Organiza: Asociación pola Recuperación da Memoria… Seguir lendo Encontro con Francisco Martínez López “Quico”

Mapa do Patrimonio de Padrón

Castelo da Rocha Branca

As diferentes denominacións deste xacemento describen o lugar onde estivera o Castelo da Rocha Branca. Tratábase dunha fortaleza artellada en torno a un recinto circular, delimitado por unha muralla pétrea e circundada por un foxo. Ao norte deste recinto existen outras estruturas, posiblemente habitacionais, aínda que a súa configuración orixinal está parcialmente alterada. Tamén se… Seguir lendo Castelo da Rocha Branca

Mapa do Patrimonio de Pontecesures

O Coche de Pedra

En 1985 inaugúrase o monumento conmemorativo O Coche de Pedra, unha réplica do primeiro coche a gasolina que circulou por Galicia, un Frères. Manuel Castelo, de Talleres Castelo (A Escravitude), representa, labrado en granito, aquel que fora exposto na primeira e segunda edicións da Feira do Automóbil de Ocasión sobre un pedestal de ladrillos. ---… Seguir lendo O Coche de Pedra