Mapa do Patrimonio de Dodro

Hórreo da Miguensa

O hórreo aséntase sobre unha gran estrutura de pedra feita a base de perpiaños de granito e que configura unha entrada que remata en arco na parte superior, que os canteiros da zona lle chaman campanel, dando acceso ao patio ou corral da vivenda. O tornarratos, de tipo mesa, vai coroando a base do hórreo, e serve de apoio aos cinco pares de columnas da cámara. Esta é totalmente de madeira, cunha faixa central e arredor de 22 doelas por cada claro. Na parte da zona interior hai unhas escaleiras de pedra para o acceso ás entradas da cámara, comunicadas por unha gran lousa de pedra. Leva sobrepenas nos penais, sen adornos no cume, e o teito é de armazón de madeira e vai a dúas augas con tella do país.

Ben cultural incluído na Lista Vermella de Patrimonio Galego.

Latitude/Lonxitude: 42.719623061, -8.720632031

Referencias: Patrimonio Galego

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

horreodamiguensa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s