Mapa do Patrimonio de Padrón

Marco do Couto de Lampai

O rei Afonso VII doou un enorme terreo no ano 1156 a un descoñecido plebeo, non nobre, de nome Sancho Eanes. O terreo tiña 22 hectáreas nunha das zonas máis ricas e poboadas do Reino de Galicia, limitado por unha serie de marcos que conforman unha finca medieval. O Marco do Couto de Lampai, localizado no ano 2002,  delimita polo oeste dita finca.

Este marco medieval ten aproximadamente 1,80 metros de altura e 60 centímetros de ancho por cada unha das caras e está localizado nun inestable outeiro artificial que quedou despois da explotación dunha canteira. Ten a inscrición: ”No ano 1156, o primeiro de setembro, colocouse este pedrón coa autoridade do Emperador e de todos os intervenientes”.

A canteira deixouno case ao borde da desaparición se as obras proseguiran. Ten unha fenda que o percorre case totalmente de arriba abaixo que o fará romper co paso do tempo. O outeiro no que se apousenta é de material inestable debido ao baleiro que o rodea.

Latitude/Lonxitude: 42.777853838, -8.640540496

Referencias: Patrimonio Galego

+Info: Patrimonio e paisaxe(s) do Baixo Ulla

marcodocoutodelampai

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s