Mapa do Patrimonio de Dodro

Castro de Bexo

Castro de forma alongada con dúas coroas ao oeste, e outra ao leste, delimitadas por sendas murallas e terrazas intermedias. Intensificáronse tres murallas defensivas e as bases do asentamento.

Trátase dun poboado castrexo da Idade do Ferro e de época romana, sito xunto ao Monte Carboeiro, na aldea de Bexo. É un dos poboados máis grandes da zona, mais está mal catalogado no Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro, posto que na súa ficha non aparecen as súas verdadeiras dimensións. Desde a súa coroa hai unhas vistas privilexiadas da ría de Arousa e do Baixo Ulla.

Case non quedan á vista restos pétreos polo espolio de pedra que se fixo nel para construír casas en Bexo, Teaio, Burés e Bacariza; quedando, aínda hoxe en día, restos no castro do traballo das pedras polos canteiros.

O lugar está asociado aos mouros, asegurándose que existe un túnel entre o castro e as Torres do Oeste, cunha cadea de ouro a todo o longo.

En ficha feita fai 25 anos pola Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño no seu Inventario Etnográfico, fálase do Pozo do Ouro ou do Tesouro no Castro de Bexo: “…é unha cavidade redonda duns tres metros de diámetro cunhas pedras en forma de valo, unhas enriba das outras… Neste caso trátase de un pozo que o ir sacando ouro e pronunciar a palabra Xesús! desaparecía o encanto. Tamén din os veciños que alí había unha moza rubia que estaba peiteando seguido os seus longos cabelos de ouro“.

O 4 de xullo do 2017 o Concello de Dodro abriulle un expediente de reposición da legalidade urbanística á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Cruz do Avelán que, en colaboración coa Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño e a Asociación Cultural Unidade Veciñal de Dodro, puxeron en valor o Castro de Bexo, limpando a súa croa de todos os eucaliptos, especies invasoras e toxo que o cubría.

Latitude/Lonxitude: 42.700388609, -8.751046605

Referencias: Patrimonio Galego

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

castrodebexo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s