Mapa do Patrimonio de Pontecesures

Cruceiro de San Lázaro

Cruceiro do tipo de crucifixo con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular con gran chafrán. O varal ten un arranque cuadrangular e recadrado con desenvolvemento octogonal. Ten distintas figuras como a de San Lázaro sobre unha peaña, unha persoa en actitude orante (posiblemente un enfermo), e os elementos da paixón: escada, coroa de espiñas, unha man, un martelo e tenaces. Ademais hai unha espada e unha vieira. O capitel é troncopiramidal invertido moi ornamentado con catro anxos, un por cada lado e volutas esquemáticas. A súa cruz é cuadrangular cos brazos chafranados, presentando no seu anverso a Cristo crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe da Piedade co Cristo en brazos.

Este cruceiro do século XIV, formaba parte do conxunto do Lazareto de San Lois. A peza foi realizada baixo a advocación de San Lázaro. A comezos de abril do ano 2008, este cruceiro é trasladado ao actual emprazamento polo risco que corría ao estar o carón da estrada N-550. A Comisión Territorial do Patrimonio Histórico autorizaría o seu traslado no mes de xaneiro ao novo emprazamento deste monumento que é a entrada do cemiterio de San Xulián, moi preto da capela románica do século XII. Parece ser que pasou por varios emprazamentos até que, coincidindo co Ano Santo de 1964 colocárono a beira da citada estrada. Agora polo menos está a salvo de accidentes e máis preto do seu lugar orixinal, á beira do Camiño de Santiago.

Latitude/Lonxitude: 42.725066182, -8.650477987

Referencias: Patrimonio Galego

+Info: Patrimonio e paisaxe(s) do Baixo Ulla

cruceirodesanlazaro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s