Mapa do Patrimonio de Dodro

Brañas de Laíño

As Brañas de Laíño é un das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o Emberiza shoeniclus subsp. lusitanica. Nas súas xunqueiras, carrizos e pasteiros nidifican moitas aves como a folosa acuática (Acrocephalus paludicola), a garza, a aguia perdiceira, o gabián, o vichelocrego ou o cardeal. En canto á vexetación atopamos Thalictrum speciosissimun) da que só existen dúas citas na provincia da Coruña, Scirpus pungens, variedade de xunco da que apenas quedan exemplares, herba salgueira, ulmaria, lirios, frundio, mentas e diferentes especies de orquídeas.

Rosalía de Castro escribiu sobre as Brañas de Laíño o seguinte:

Como chove miudiño,
como miudiño chove,
como chove miudiño,
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrobe.

Antes de Rosalía, xa o Pai Sarmiento, no século XVIII,  falou deste espazo do Baixo Ulla. Tamén aparecen referenciadas no dicionario de Madoz, a mediados do século XIX.

Latitude/Lonxitude: 42.709752892, -8.703731212

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

branasdelaino

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s