Mapa do Patrimonio de Pontecesures

Lazareto de San Lois

Antes da construción da rúa principal de Pontecesures, o núcleo de poboación de Cesures non estaba establecido na chaira da ribeira do río Ulla, posto que era terreo moi inundable. Afastado do núcleo de poboación, nunha das antigas baixadas desde Infesta ao porto, na actual rúa Nova, atopamos o edificio máis antigo de Pontecesures, o Lazareto de San Lois.

Ao lazareto chegaban as augas do Ulla, cando este se desbordaba. Desde San Lois até a ponte, o camiño real tiña uns arcos que facían doado o paso das augas dunha beira á outra do mesmo. Estes arcos oxivais aínda se poden ver ao longo da rúa Sagasta.

Establecido e construído xa no século XIV preto da Ermida de San Lázaro, situada onde hoxe se atopa a Igrexa Parroquial e derrubada en 1893. A comezos do século XVIII chegou a ocupar sete casas de planta baixa unidas entre si.

O Lazareto de San Lois da Idade Media dependía do Arcebispado de Santiago, e estaba rexentado pola Obra Pía de San Lázaro. Estaba organizada polo médico do pobo de Padrón, e por unha hospitaleira-enfermeira, que se encargaba de atender aos enfermos.

Latitude/Lonxitude: 42.720144039, -8.652181623

Referencias: O Pontecesures Antigo

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

lazaretodesanlois

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s