Mapa do Patrimonio de Valga

Igrexa de Santa María de Xanza

Segundo M. Murguía (1888, p. 621), a igrexa foi consagrada por Xelmírez a comezos do século XII, na mesma data de consagración das demais igrexas da xurisdición iriense, téndose aproveitado na súa construción materiais dunha igrexa anterior.

O Museo de Pontevedra garda, procedentes desta igrexa, un capitel e un fuste de columna de mármore branca, que durante un tempo serviron como soporte dun pórtico emprazado no lateral sur da parroquial. A este capitel de Xanza, M. Núñez defíneo dentro do grupo dos “propiamente visigodos (…) sometidos a certas limitacións e renuncias por olvido, deterioro ou abandono, condicionados pola maior ou menor transmisión de certos principios” (1978, p. 83). Dataríase, polo tanto, cara finais do século VI ou século VII. Para este mesmo autor, Xanza estaría dentro da categoría de igrexas visigodas definidas como “oratorios rurais en dominios agrarios”.

A igrexa parroquial de Xanza consta dunha soa nave, de planta rectangular, dividida en treitos por 3 parellas de columnas, ábsida rectangular e capela maior. Sobre estas parellas de columnas, descansan os arcos faxóns que sosteñen a bóveda que cubre a igrexa. O campanario está separado da mesma. Nos séculos XVII e XVIII fóronlle acaroadas dúas capelas e a sancristía. Son salientables a pila bautismal cadrada e a Virxe pétreas, de estilo románico as dúas, do mesmo xeito que o retablo barroco do século XVIII de madeira policromada do século XVIII.

Latitude/Lonxitude: 42.693494767, -8.651565550

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

igrexadesantamariadexanza

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s