Mapa do Patrimonio de Dodro

Muíño da Devesa

Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a dúas augas, con remate de tella camba, sobre pranchas de fibrocemento.

Muíño de regato ou cubo utilizado para moer gran, aínda que tamén se utilizaba para producir electricidade. Unha particularidade deste muíño é a grande altura que se tentou acadar coa canle, para deste xeito gañar a altura suficiente para darlle forza á auga e facelo funcionar.

Popularmente coñecido como Muíño de Valentín, posto que foi quen o construíu, arredor do ano 1926. Ten un gran pozo que lle proporciona a forza necesaria á auga cando o caudal do regato é pequeno.

Latitude/Lonxitude: 42.724561516, -8.746416052

Referencias: Patrimonio Galego

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

muinhodavesa

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s