Mapa do Patrimonio de Valga

Igrexa de Santa María de Xanza

Segundo M. Murguía (1888, p. 621), a igrexa foi consagrada por Xelmírez a comezos do século XII, na mesma data de consagración das demais igrexas da xurisdición iriense, téndose aproveitado na súa construción materiais dunha igrexa anterior. O Museo de Pontevedra garda, procedentes desta igrexa, un capitel e un fuste de columna de mármore branca,… Seguir lendo Igrexa de Santa María de Xanza

Mapa do Patrimonio de Dodro

Pazo do Marqués de Bendaña

O Pazo do Marqués de Bendaña estaba cinguido por un bosque de piñeiros e carballos. Atribúeselle a creación a Marcos Fandiño. Destacaba a torre, de planta rectangular que o presidía, sobre o patio de honra das casas que o rodeaban. Era unha valiosa mostra do barroco galego, en concreto compostelán. Tiña unha balconada que corría… Seguir lendo Pazo do Marqués de Bendaña

Mapa do Patrimonio de Valga

Ponte do Souto

A Ponte do Souto ou do Camiño Real, cruza o río Valga, emprazándose no antigo Camiño Real que na actualidade está anulado polo trazado do ferrocarril. A ponte está realizada mediante tallamares de pedra e taboleiro alintelado, tamén de pedra. Dátase da época medieval, aínda que popularmente é coñecida como a Ponte Romana. Latitude/Lonxitude: 42.711072137,… Seguir lendo Ponte do Souto