Mapa do Patrimonio de Valga

Legoario de Valga

Por un Real Decreto de 1761 deu comezo a construción dunha rede de camiños que partían de Madrid e comunicaban distintas poboacións. En 1763 iníciase a construción dos trazados en Galicia. Os legoarios marcaban as distancias en légoas entre as principais poboacións. Cada legoario debería estar colocado cada 6,687 quilómetros.

Construído en granito de forma paralelepípeda. Presenta unha base cúbica e un remate en pirámide. Está na estrada que une Santiago e Pontevedra, marcando unha das leguas. Con toda probabilidade foi erixido cando a construción da rede de estradas nas derradeiras décadas do século XVIII, cando o Arcebispo Malvar ordenou en 1790 construír a estrada Santiago-Caldas de Reis.

Presenta unha inscrición. Na actual N-550, xunto con este legoario, consérvanse tres máis en Carracedo, Barro e Vilaboa, algúns deles con reloxo de sol.

Elemento patrimonial non catalogado, onde un poste da luz, un farol e unha sinal de tráfico, compiten polo espazo co legoario. A construción de beirarrúas tampouco axuda á correcta conservación deste.

Latitude/Lonxitude: 42.704454498, -8.649763420

Referencias: Patrimonio Galego

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

legoariodevalga

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s