Mapa do Patrimonio de Valga

Castro de Balleas

Situado a unha altitude de 60 metros e a 1,5 quilómetros do río Ulla. Castro emprazado no outeiro coñecido polos veciños como O Castro, consta dunha zona superior chaira e ampla, de forma ovalada en sentido norte-noroeste e sur-sueste, con algúns pequenos socalcos a nivel inferior. Non ten, sen embargo, estruturas visibles que poidan interpretarse como sistemas de peche ou de defensa. En realidade, as fortes pendentes que bordean a este alto nos sectores leste, norte e oeste, poderían ser empregados como elementos defensivos naturais, pola parte sur, onde a ladeira é máis suave e non se aprecia signo algún de elementos defensivos, aínda que hai que recoñecer que esta zona se atopa modificada, coa utilización das fincas para cultivo e construción de vivendas.

Segundo a bibliografía, non se menciona tampouco datos sobre a distribución constitutiva ou elementos defensivos do xacemento, aínda que si se menciona a aparición de achados. Deste xeito, G. Álvarez Limeses (1936, p. 411) relata que “en un montículo que desde antiguo se denomina El Castro, se han hallado sepulturas de ladrillo, y en un desmonte que don Miguel Isorna hizo para la construcción de su casa, cercana a la antigua vía romana, se encontraron dos hachas que se hallan en el Museo de Pontevedra”.

Latitude/Lonxitude: 42.69364027, -8.68024324

+Info: Mapa do Patrimonio de Valga

castrodeballeas

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s