Mapa do Patrimonio de Valga

Escola da Emigración de Ferreirós

Este edificio, que destaca pola súa sobriedade e racionalidade construtiva, está feito nun soar elevado con respecto á rúa, o que lle permite ter amplas vistas e unha situación destacada na contorna. O recinto está pechado por un muro de pedra no que se integra unha escalinata central para poder acceder a el.

Trátase dun edificio dun só andar, de forma rectangular, con cuberta de tella a dúas augas e, a pesar de ser de pequeno tamaño, conta con numerosos vans en todas as fachadas situados simetricamente. Está construído en cachotería irregular, agás algúns elementos que son en cantería, como os remarques dos vans, o baseamento e catro bandas verticais (nos extremos da porta principal e nos esquinais) que imitan unhas pilastras.

Como elemento ornamental podemos subliñar un pequeno frontispicio co que remata a fachada, formado por curvas (xogo de formas cóncavas e convexas), no que hai unha inscrición co ano de inauguración da casa-escola. Aos lados ten dous pináculos que se repiten nos extremos da cornixa. Esta conta cunhas molduras que a fan sobresaír do paramento. Xusto debaixo da cornixa hai unha banda horizontal que percorre toda a fachada principal cunhas letras en relevo co nome da sociedade promotora da escola.

Enriba da porta principal consérvase unha placa de mármore branco na que podemos ler: “CASA-ESCUELA DONADA POR LA SOCIEDAD DE RESIDENTES DE CORDEIRO EN BUENOS AIRES 1947”.

Este edificio foi promovido pola Sociedad de Residentes de Cordeiro, Instrucción y Protección en Buenos Aires, fundada polos emigrantes naturais da parroquia de Cordeiro, residentes na capital arxentina. Foi creada coa finalidade de construír na súa parroquia natal un edificio que albergase a sede do Sindicato Agrícola de Cordeiro e varias aulas de ensino primario de carácter mixto, onde puidesen recibir instrución gratuíta os nenos e nenas da parroquia. Neste edificio, inaugurado en 1913, funcionou tamén unha biblioteca popular e unha sala de lectura para escolares e adultos. A sociedade promotora encargouse, así mesmo, de pagar o soldo dos mestres.

Latitude/Lonxitude: 42.69616821, -8.68942701

+Info: Patrimonio e Paisaxe(s) do Baixo Ulla

escolaferreiros

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s