Mapa do Patrimonio de Valga

Castelo da Medela ou Monte Castelo

Segundo García Alén, nuns apuntes gardados no Museo de Pontevedra, “Es un castro. X-1971 comprobamos existencia de restos de ánforas, ímbrices y algo de cerámica castreña sin decoración en la zanja hecha para la traída de agua al grupo escolar”. Recolle este autor tamén algunha tradición oral relacionada co xacemento, no que se dicía que habitaran os mouros e do que “A unos cien metros hay un sitio del que sacaron piedra de un agujero en el que, según la leyenda bailaba una moura”.

Ten ampla visión cara o val no que se atopa a igrexa parroquial de San Miguel, por onde transcorre o Camiño de Santiago. Posúe dous marcados foxos circulares que rodean ao recinto, agás pola banda leste de acusadas pendentes cara o río Valga. A cimeira é chan, medindo uns 15 metros de diámetro.

Na a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, non se documentaron vestixios algúns de estruturas que permitisen definir o tipo de xacemento concreto, aínda que na revisión da toponimia catastral, todas as fincas desta zona levan a denominación de Castelo.

Na actualidade toda esta zona atópase moi modificada, debido á execución de pistas, liñas de alta tensión, explotación forestal ou extracción de pedra, polo que non é posible observar indicios claros do mesmo. Posiblemente anterior ao que semellan que son os restos dun pequeno castelo de control do territorio, houbera un castro do que se aproveitou algunhas estruturas.

Latitude/Lonxitude: 42.68911642, -8.63971665

+Info: Mapa do Patrimonio de Valga

castelodamedela

castelodamedela_lidar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s