Lingua

Día Internacional da Lingua Materna

O 21 de febreiro celébrase o Día Internacional da Lingua Materna. Con esta cita quérese promover a diversidade lingüística e reivindicar a valía da lingua inicial, aquela coa que nacemos ao mundo, coa que aprendemos a coñecelo e coa que nos desenvolvemos nel. Os Penoucos sacamos docemente a nosa lingua para dicir que Amamos o galego!

As linguas son os instrumentos máis poderosos para preservar e desenvolver o noso patrimonio cultural, tanto o tanxíbel coma o intanxíbel. Todas as iniciativas dirixidas a difundir as linguas maternas servirán non só para incentivar a diversidade lingüística e o multilingüismo, senón tamén para crear unha maior conciencia sobre as tradicións culturais en todo o mundo e promover a solidariedade baseada no entendemento, a tolerancia e o diálogo.

2lingua

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s